Fábregas Valcarce, RamónTomás Santos, AndréMosquera Castro, Tania2026-04-202026-04-202026https://hdl.handle.net/10347/46803No seo das Serras Orientais galegas, Cova Eirós é, ata o de agora, o único sitio con arte parietal paleolítica identificado en Galicia. Aínda que algúns motivos xa eran coñecidos, novas prospeccións nas súas paredes calcarias permitiron identificar figuras inéditas e reinterpretar outras. Esta investigación presenta o catálogo completo das manifestacións paleolíticas documentadas neste sistema cavernoso, xunto co estudo pormenorizado das mesmas. A datación dalgunhas pinturas e as características do conxunto permiten situalo, na súa maior parte, nos momentos terminais do Paleolítico superior. A análise comparativa coa arte doutras rexións, próximas e afastadas, favorece a súa integración no fenómeno gráfico do suroeste europeo, ao tempo que contribúe ao coñecemento da arte das últimas sociedades cazadorasrecolectoras. O extremo noroccidental da Península Ibérica foi tradicionalmente considerado un territorio alleo á distribución da arte rupestre máis antiga.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Noroeste peninsularPaleolítico superiorArte parietal550501 ArqueologíaA arte parietal de Cova Eirós (Lugo, Galicia) e a súa integración no fenómeno gráfico paleolíticodoctoral thesisembargoed access