Carballo Gómez, CristinaFernández Rubio, Carla2024-12-032024-12-032023-06https://hdl.handle.net/10347/37989Traballo de Fin de Grao de Dobre Grao en Mestra de Educación PrimariaAs esixencias do século XXI supoñen un novo campo de actuación para a ensinanza que fai necesario adaptar as estratexias didácticas actuais. Neste senso, a gamificación ofrece oportunidades eficaces para que, coa incorporación de elementos do xogo ao eido educativo, se incrementen a motivación e implicación do alumnado. Conseguintemente, a pretensión central deste traballo é analizar os seus efectos para deseñar unha proposta baseada na gamificación na ensinanza do inglés de xeito globalizado. Así, concédese gran relevancia ao achegamento a este idioma, atendendo aos distintos contidos e habilidades cun enfoque comunicativo e focalizando na competencia intercultural. Deste xeito, a base teórica constituíuse coa investigación e integración de distintas teorías de gamificación con relación ao inglés. Estas finalidades aglutináronse nunha Situación de Aprendizaxe destinada ao sexto curso de educación primaria, mediante a xénese dunha narrativa futurista na que o alumnado ten a misión de recuperar a cultura das Illas Británicas. Coa intencionalidade de verificar a pertinencia dos obxectivos perseguidos, levouse unha adaptación á práctica nun contexto real. Os resultados observados e a análise reflexiva permitiron detectar a resposta positiva no interese e participación, pese á limitación temporal desta execución. En síntese, púidose comprobar a eficiencia da gamificación no tratamento globalizado do inglés. Por iso, cavílase primordial seguir empregando esta estratexia didáctica nos distintos cursos para examinar os efectos positivos a longo prazo.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Gamificación, Competencia intercultural, Situación de Aprendizaxe, Educación primaria, Lingua inglesa.580204 Niveles y temas de educaciónA gamificación na ensinanza do inglés. Unha proposta para educación primaria de viaxe ao futuro con misterios culturaisLa gamificación en la enseñanza del inglés. Una propuesta para educación primaria de viaje al futuro con misterios culturalesGamification in English language teaching. A proposal for primary education to travel to the future with cultural mysteriesbachelor thesisopen access