Riobóo Almanzor, José MaríaGonzález Murias, PilarTroitiño Cobas, Ánxela2018-10-242018-10-242000http://hdl.handle.net/10347/17619Esta tese estructúrase en dúas partes: i) análise do marco teórico para a medición da desigualdade e do benestar-renda e, ii) cuantificación empírica en base ós datos da EPF 1990/91 e ós do ingreso reconstruído de Pena Trapero (dir) (1996) dos ditos fenómenos no conxunto de España e por Comunidades Autónomas, adicándolle unha atención especial á Comunidade Galega. O estudio do marco teórico abórdase tanto dende un enfoque conceptual como cuantitativo. Dende o primeiro, estúdiase o papel da igualdade e os ámbitos nos que esixir esta cara á consecución dunha organización social xusta. Dende o eido cuantitativo, logo de achegar a definición de medida de desigualdade e analizar as súas propiedades, estúdiase un amplo conxunto de medidas, facendo fincapé nos seus límites e propiedades. Tamén se analizan diferentes criterios de ordenación parcial equivalentes ó de Lorenz e/ou ó de Shorrocks, e outros criterios aplicables cando os anteriores fallan. Na aplicación empírica compáranse as Comunidades en canto á desigualdade relativa, absoluta e benestar-renda, tendo en conta tres variables (gasto declarado, ingreso declarado e ingreso reconstruído) a través dun amplo conxunto de medidas (curvas e índices). Afóndase na análise da desigualdade e do benestar-renda en Galicia clasificando a poboación total segundo certas características dos fogares (tipo de fogar, tamaño do municipio,…) ou do sustentador principal (sexo, idade, nivel de estudios, condición socioeconómica, categoría socioprofesional, etc).glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/DesigualdadeÍndices de benestarCriterios de ordenaciónBenestar-rendaGaliciaMaterias::Investigación::72 Filosofía::7207 Filosofía social::720704 Filosofía políticaMaterias::Investigación::59 Ciencia política::5902 Ciencias políticas::590206 Política económicaA medición da desigualdade. Análise da situación galega no marco do estado das autonomíasdoctoral thesisopen access