Díez Baños, PabloDíaz Fernández, Pablo2014-04-032014-04-032013978-84-15876-47-2http://hdl.handle.net/10347/10064Titulación: Veterinaria -- Materia: Enfermidades Parasitarias IIEsta unidade didáctica forma parte da materia Enfermidades parasitarias II que se imparte no primeiro semestre do 4º curso do Grao en Veterinaria. Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos a estudantes con coñecementos previos de enfermidades parasitarias I, parasitoloxía, epidemioloxía, bioloxía animal, microbioloxía, inmunoloxía, citoloxía e histoloxía veterinaria, fisioloxía animal, patoloxía xeral, propedéutica clínica, anatomía patolóxica veterinaria e farmacoloxía, farmacia e terapéutica. A formación que os alumnos adquiren sobre a disciplina de enfermidades parasitarias achega ao profesional veterinario un amplo coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión, acción patóxena, diagnose, tratamento e medidas de prevención e control dos principais procesos parasitarios que afectan ós animais, tanto de forma individual como colectiva, e especialmente, neste último caso, posto que as enfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúns das colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos no estudo de Enfermidades parasitarias son básicos para controlar as afeccións que se transmiten dos animais ao home (zoonoses) e de certas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo desta disciplina é básico para establecer os correspondentes Programas de Sanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a administración debe elaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Protozoo flaxelado Tritrichomonas foetusProtozoo flagelado Tritrichomonas foetusProtozoo flaxelado Trichomonas gallinaeProtozoo flagelado Trichomonas gallinaeProtozoo flaxelado Hexamita (syn. Spironucleus) meleagridisProtozoo flagelado Hexamita (syn. Spironucleus) meleagridisProtozoos do xénero GiardiaProtozoos del género GiardiaHistomonose ou "enterohepatite infecciosa"Histomonosis o "enterohepatitis infecciosa"ProtozoosesProtozoosisEnfermidades Parasitarias IIVeterinariaMaterias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2401 Biología animal (zoología)::240112 Parasitología animalTricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíasebookopen access