Rivanera López, Andrea Lorena2015-12-032015-12-032015-12-03http://hdl.handle.net/10347/13749Traballo Fin de Grao en Economía. Curso 2014-2015Na segunda metade do século XX España experimentou en conxunto un claro proceso de converxencia rexional no PIB por habitante, pero este cesou case por completo a partir da década de 1980. Desde entón fóronse sucedendo etapas de diverxencia e converxencia, nun contexto xeral de estabilidade aproximada das disparidades rexionais. Dentro desas oscilacións, a última fase de expansión económica (1995-2007) caracterizouse por unha tendencia á converxencia, apoiada nun achegamento das taxas de ocupación polo maior crecemento do emprego nas rexións menos desenvolvidas, debido principalmente ao sector da construción. O inicio da crise económica actual en 2007 vai orixinar unha ruptura desa tendencia, de modo que nos anos transcorridos da crise asistimos a unha notable ampliación das disparidades rexionais no PIBpc. A análise dos factores determinantes deste indicador pon de manifesto que a orixe desa evolución está na crecente diverxencia das taxas de ocupación por Comunidades Autónomas, mentres que na produtividade por traballador as diferenzas son menos marcadas.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/Disparidades rexionaisCrise económicaMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5307 Teoría económicaA evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crisebachelor thesisopen access