Nieto Alonso, Antonia2024-05-292024-05-292010978-84-9887-545-4http://hdl.handle.net/10347/33953O turismo desempeña un papel cada vez máis importante na economía e, singularmente, as viaxes combinadas constitúen unha parte fundamental da actividade turística. Non cabe dúbida de que o sector dos servizos combinados se vería estimulado para alcanzar maior crecemento e produtividade adoptándose un mínimo de normas que supoñan unha serie de garantías efectivas para os consumidores e usuarios de viaxes combinadas. Dito doutro xeito, se o turismo pode ser o alicerce do progreso social e económico de calquera país, cómpre coñecer e familiarizarse con toda a normativa, a doutrina e as decisións xurisprudenciais que garanten unha axeitada protección dos consumidores e usuarios das viaxes, vacacións, circuítos combinados e do transporte aéreo. Por outra parte, coa chegada das vacacións proliferan nos medios de comunicación noticias sobre atrasos aéreos, con perdas de enlaces e de días de vacacións; extravío de equipaxes; denegacións de embarque; cancelación de voos… coas conseguintes escenas nos aeroportos dos lugares máis dispares. En efecto, os tipos de incidencia que poden ocorrer con ocasión dunha viaxe en avión son moitas e de diversa índole. Isto supuxo que, tanto no ámbito internacional, como no comunitario e interno, se adoptasen medidas tendentes a regular, por un lado, os dereitos dos pasaxeiros e, por outro, a responsabilidade dos transportistas aéreos. Partindo desas premisas, a unidade didáctica que se presenta ao alumnado como instrumento académico de traballo, ten a pretensión de afrontar as devanditas cuestións dende unha perspectiva estritamente xurídica.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Contrato de viaxe combinadabookopen access