Paül Carril, Valerià2014-04-282014-04-282013978-84-15876-28-1http://hdl.handle.net/10347/10213Titulación: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio -- Materia: Xestión Territorial da PaisaxeEsta unidade didáctica achega o contido central da materia de Xestión territorial da paisaxe, de carácter obrigatorio no cuarto curso do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. En efecto, se a materia no seu conxunto se dirixe á consideración da paisaxe desde a ordenación e a xestión territoriais, esta unidade en particular permite aproximarse ao instrumento clave que permite esta abordaxe: o Convenio Europeo da Paisaxe (CEP). Desde o ano 2000, cando foi asinado este documento transcendente en Florencia, a ordenación e a xestión da paisaxe fanse case sen excepcións baixo este marco normativo. De feito, no caso español, as distintas leis autonómicas que implantan as políticas da paisaxe como tales parten de forma deliberada do CEP, o cal recoñecen como fonte principal das súas determinacións. De todos os xeitos, é obvio que entre o estritamente estabelecido no CEP e as diferentes normativas, lexislacións ou praxes de planificación que se están a desenvolver en cada territorio en Europa ou no Estado español, á escala que sexa, hai diferenzas que nesta unidade tamén serán obxecto de atención. Dunha banda, a consideración da paisaxe forma parte do mellor da historia científica da xeografía. Por pór un exemplo altamente revelador, un dos persoeiros considerado «pai» da xeografía moderna, Alexander von Humboldt (Berlín, 1769-1859), situou a paisaxe no centro da súa reflexión. Doutra banda, a paisaxe constitúe na actualidade un argumento central nos documentos de planificación territorial e urbanística, así como nas estratexias de desenvolvemento local e territorial; deste xeito, é fundamental para o desenvolvemento das destrezas laborais en xeografía que o alumnado comprenda plenamente o significado da paisaxe e dea distinguido que engade esta na ordenación e xestión territoriais, en particular diferenciándoo de conceptos concomitantes como medio ambiente ou territorio. Por estas razóns, a materia ofrece un equilibrio entre contidos de tipo teórico-conceptual, dunha banda, e aspectos metodolóxicos e prácticos, da outra. En coherencia con esta formulación xenérica, a abordaxe do CEP conxugará ambos os dous na medida do posíbel.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/PaisaxePaisajePolíticas paisaxísticasPolíticas paisajísticasObxectivo de calidade paisaxística (OCPs)Objetivo de calidad paisajística (OCPs)Protección das paisaxesProtección de los paisajesXestión das paisaxesGestión de los paisajesOrdenación paisaxísticaOrdenación paisajísticaConvenio de Aarhus de 1998Convenio Europeo da Paisaxe (CEP)Convenio Europeo del Paisaje (CEP)Estudos de impacto e integración paisaxísticaEstudios de impacto e integración paisajísticaObservatorio Galego da PaisaxeObservatorio Gallego del PaisajeEstratexia da paisaxe galegaEstrategia del paisaje gallegoXestión Territorial da PaisaxeGrao en Xeografía e Ordenación do TerritorioMaterias::Investigación::54 Geografía::5499 Otras especialidades geográficas (Especificar)Materias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2505 Geografía::250599 Otras (especificar)O Convenio Europeo da Paisaxe como marco para a ordenación da paisaxebookopen access