Vázquez Vila, María José2024-05-312024-05-312013978-84-9887-996-4http://hdl.handle.net/10347/34039A unidade didáctica Condución de calor en réxime non estacionario: determinación de propiedades de transporte está incluída na materia Experimentación en Química Industrial 1 que se imparte no primeiro semestre do terceiro curso do grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, é de carácter obrigatorio e pertence ao bloque de tecnoloxía específica en Química Industrial. É unha materia, de carácter totalmente práctico, polo tanto o seu desenvolvemento farase integramente no laboratorio. A materia divídese en 48 horas de prácticas de laboratorio e 3 horas de titorías en grupo, actividades todas elas de carácter presencial obrigatorio. O profesor ten ao seu cargo ata 25 estudantes que estarán no laboratorio realizando prácticas durante 16 días en sesións de 3 horas. A presente unidade didáctica terá unha duración aproximada de 9 horas. Así nesta materia preténdese poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos noutras materias estudadas durante o primeiro e segundo curso da titulación, como son: Fundamentos da Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Operacións Básicas, Transferencia de Materia, Transporte de Fluídos e Transmisión de Calor. Concretamente esta unidade didáctica correspóndese con algúns dos contidos traballados nas materias Operacións Básicas e Transmisión de Calor.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Condución de calor en réxime non estacionario: determinación de propiedades de transportebookopen access