Palacios González, Manuela2018-07-022018-07-022015Manuela Palacios. "Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas". Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies. Issue F (2014-2015): 5-23.2040-7181http://hdl.handle.net/10347/16908Artigo de revista sobre muller e migración na literatura e na fotografíaEste artigo analiza unha serie de descricións, feitas por escritores e escritoras de Irlanda e Galicia, de fotografías de mulleres migrantes. Estas dúas comunidades experimentaron varios episodios de emigración masiva nos dous últimos séculos, pero o papel das mulleres neses movementos migratorios non está aínda suficientemente estudado, especialmente desde unha perspectiva comparada. A análise comparada da experiencia da migración e da súa representación non só nos amosa a relevancia recíproca dos acontecementos e dos seus relatos para as dúas comunidades, senón que permite poñer o foco sobre aspectos salientados nunha pero inadvertidos na outra, achegando deste xeito novos criterios de análise. Este artigo está enmarcado nos debates actuais sobre a perspectiva de xénero nos estudos migratorios e examina o impacto emocional da migración facendo uso das recentes achegas dos estudos de trauma. Ademais de considerar o valor sociolóxico das fotografías como rexistro da experiencia persoal e colectiva, reflexiónase sobre as dúas preguntas máis relevantes que, segundo Susan Sontag (1977), introduciu a fotografía e resultan de crucial importancia para o estudo destes documentos persoais: que merece a pena observar e que temos dereito a observar?glgUso librehttps://creativecommons.org/licenses/by/4.0/EmigraciónMulleresGaliciaIrlandaFotografíaLiteraturaMaterias::Investigación::57 Lingüística::5701 Lingüística aplicada::570107 Lengua y literaturaMaterias::Investigación::22 Física::2209 Óptica::220917 FotografíaFoto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesasjournal articleopen access