Marcenaro, Simone2013-03-152013-03-152007MARCENARO, Simone: «O emprego de modelos literarios na sátira política: entre Iberia e Provenza», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 38, (2. Semestre 2007), pp. 29-510214-9117http://hdl.handle.net/10347/7578Nesta contribución analízanse algúns textos trobadorescos de asunto político nos que se observa unha estratexia argumentativa peculiar: os autores empregan diversos modelos literarios no proceso de composición e construción das súas sátiras. Malia as numerosas diferenzas existentes entre o sirventés provenzal e a cantiga de escarnio e maldizer galego-portuguesa, hai unha tendencia común nos dous xéneros a usar hipotextos moi coñecidos para incidir na mensaxe proposta; os cantares de xesta representan, sen dúbida, o xénero que mellor se adecúa a esta dinámica compositiva. Neste contexto, considéranse, por un lado, textos occitanos e galego-portugueses nos que a matriz de orixe épica aparece clara (é o caso de Afonso López de Baian e Lopo Liáns para os galego-portugueses, e Gui de Cavaillon para os occitanos) e, por outro, textos que se integran na chamada poesía “baixo o veo”, que vehicula temas de notábel importancia política a través de xéneros non recoñecíbeis a primeira vista como satíricos (por exemplo, as pastorelas de Paulet de Marsella e Cerverí de Girona, as “falsas” cancións de muller de Peire Basc e Gonçal Eanes do Vinhal). En ambas as modalidades de adaptación destácase o recurso á estrutura “externa” –sexa a nivel formal, retórico ou, simplemente, lexical– para difundir de xeito máis eficaz a mensaxe satírica proposta polo trobador.glgcantar de xestacantiga de escarnio e maldizerlírica galego-portuguesalírica medievallírica provenzalsátirasirventéstrobadoresO emprego de modelos literarios na sátira política: entre Iberia e Provenzajournal articleopen access