Amenedo Seijas, AndreaBesteiro Lago, MaríaFernández García, Alba María2024-12-092024-12-092024-12-09https://hdl.handle.net/10347/38035O modelo de inclusión que lidera as últimas políticas educativas leva a asumir un esquema social onde as diferenzas individuais non desaparecen, senón que se busca a creación dun ambiente onde cada persoa se sinta valorada, respectada e sexa quen de participar plenamente para alcanzar o seu potencial máximo. Este ideal lexislativo, tan aparentemente eficaz a nivel teórico, non sempre se traduce de forma efectiva na realidade das aulas de Educación Primaria. A dimensión socioafectiva composta, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), por destrezas emocionais, socias e cognitivas, debe ser un piar fundamental a traballar para lograr dita inclusión. Estas habilidades non son innatas; adquírense, mellóranse e adéstranse ao longo da vida. O ámbito da educación formal é un espazo idóneo para o traballo destas, tanto polo seu potencial carácter compensador, como pola posibilidade única que ofrece de establecer relacións entre iguais, aspecto de gran relevancia no desenvolvemento de ditas habilidades. Co obxectivo de achegar e facilitar o adestramento de destrezas socioafectivas, no presente traballo recóllese o deseño dun programa de intervención educativa. Empregando unha baralla de cromos de elaboración propia como elemento motivador e os seus personaxes como fío condutor, esta proposta pretende involucrar a todo o alumnado de Educación Primaria do centro educativo no que se aplique. A través de actividades lúdicas e a interacción entre crianzas, ten como obxectivo principal promover a inclusión social creando unha comunidade educativa cohesionada e equitativa.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/InclusiónHabilidades socioafectivasCromosPrograma educativoEducación primaria58 Pedagogía6104 Psicopedagogía6103 Asesoramiento y orientaciónBAF (Benestar, amizade e futuro): programa de promoción da inclusión social en Educación Primaria a través do uso de cromosBAF (Bienestar, amistad y futuro): programa de promoción de inclusión social en Educación Primaria a través del uso de cromos.BAF (Welfare, friendship and future): social inclusion promotion programme on elementary education through the use of trading cards.bachelor thesisopen access