Dubert García, Francisco2024-02-162024-02-162021-12-23Dubert-García, Francisco (2021). A clasificación das variedades dialectais do galego de Ricardo Carvalho Calero. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 24, 69-80.1138-9664http://hdl.handle.net/10347/32847Neste traballo pretendo analizar a obra dialectolóxica de Ricardo Carvalho Calero; en concreto, voume centrar na súa proposta de clasificación das variedades dialectais do galego. Para iso, presentarei, en primeiro lugar, a súa visión do galego como lingua unitaria: aínda que presenta variación dialectal, non contén dialectos no seu interior, senón entidades que el denomina modalidades. En segundo lugar, prestarei especial atención a como elaborou a súa clasificación, ós seus presupostos teóricos e describirei a proposta en si mesma. Tamén analizarei algunhas das críticas que outros autores realizaron sobre aquela. A análise sobre este último aspecto non ten un mero valor historiográfico local, senón que oculta importantes cuestións teóricas previas á realización das investigacións dialectais. Finalmente, conclúo que, a pesar da pouca información con que don Ricardo contaba, a súa organización das falas galegas estaba ben fundamentada e segue a merecer o noso respecto.glgCreative Commons Reconocimiento 4.0 (CC BY 4.0).http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/deed.esRicardo Carvalho Calerodialectoloxía galegahistoria da lingüística galegagalegoportugués5705 Lingüística sincrónicaA clasificación das variedades dialectais do galego de Ricardo Carvalho Calerojournal article10.5209/madr.80234open access