Decabo Nogueira, Esteban2025-04-222025-04-222023-12-18https://hdl.handle.net/10347/40914Os Traballos e Días de Hesíodo constitúen, para os estudosos da cultura grega (e en concreto da Época Arcaica), unha fonte inesgotable de datos sobre o ideal de vida e relacións interpersoais dese tempo. Nesta obra podemos atopar dende unha detallada descrición dos valores que se consideran fundamentais nunha persoa (entre os que destacan a xustiza ou a laboriosidade) ata un minucioso catálogo dos labores agrícolas axeitados para cada estación do ano, enmarcado todo isto nun contexto didáctico, a alocución do eu poético ao seu irmán Perses para convencelo de que actúe con xustiza. O presente traballo pretende analizar polo miúdo a caracterización do modelo humano hesiódico, nun primeiro plano no ámbito ético e moral, e a continuación na súa condición de labrego: para isto será necesaria a explicación dos conceptos empregados con máis frecuencia, das diferentes formas da súa argumentación ou dos costumes e tarefas dos campesiños da época, entre outros asuntos. Deste xeito poderemos ter unha visión de conxunto, dentro dos principios máis apreciados na sociedade da época, daqueles que destaca Hesíodo como fundamentais, de orixes moi diversas, mesmo supersticiosas, conservadas ás veces en proverbios ou noutras formas literarias.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Épica gregaTraballoXustizaMullerDivinidadeAutosuficienciaPrevisión6202 Teoría, análisis y crítica literariasCaracterización do home ideal nos Traballos e Días de Hesíodo: valores en sociedade e pericia no agrobachelor thesisopen access