López Gómez, Antía MaríaCascudo Rodríguez, José Antonio2021-06-182022-05-312021http://hdl.handle.net/10347/26465Esta investigación trata de desvelar as conexións existentes entre a ficción televisiva Mad Men (AMC, 2007-2015) e La mística de la feminidad, de Betty Friedan, un dos textos claves da denominada segunda onda do feminismo, publicado en 1963. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a década dos sesenta do pasado século, no contexto da cultura de masas, coa sociedade de consumo, a publicidade e a televisión como algún dos seus trazos definitorios. Betty Draper, un dos personaxes principais de Mad Men, representa o paradigma da mística da feminidade, xa que amosa todos os síntomas propios das mulleres de clase media da súa época, consagradas aos labores domésticos a pesar de teren conquerido os seus dereitos políticos e civís con anterioridade á Segunda Guerra Mundial. Do mesmo xeito abórdase o estigma que supón o concepto de muller de carreira, introducido en Mad Men a través doutros personaxes como Peggy Olson ou Joan Holloway, para mostrar os diferentes niveis de dependencia dos convencionalismos sociais segundo as circunstancias particulares de cada muller. A masculinidade hexemónica, representada polo personaxe de Don Draper, colide cos anhelos dos personaxes femininos de Mad Men na súa incesante procura dunha identidade de seu. A análise das pautas de conduta destes personaxes axuda a comprender os mecanismos sociais e culturais que frean o acceso da muller á esfera laboral, tal e como describiu cinco décadas antes Betty Friedan.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/TelevisiónCulturaFeminismoFriedan WeinerMad MenDon DraperPublicidadeMaterias::Investigación::63 Sociología::6308 Comunicaciones sociales::630801 SignosMaterias::Investigación::72 Filosofía::7207 Filosofía social::720701 Filosofía de la culturaMaterias::Investigación::59 Ciencia política::5910 Opinión pública::591002 Medios de comunicación de masasA mistica da feminidade en Mad Mendoctoral thesisopen access