Villamarín Seguín, Marta2025-05-122025-05-122024-05-06https://hdl.handle.net/10347/41356O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é abordar o estudo dos procesos de mantemento e transmisión da lingua galega nas familias das comarcas do interior da provincia de Ourense. O estudo abarcará as comarcas de A Limia, Allariz-Maceda, Ourense, Terra de Caldelas, Terra de Trives e Verín. Esta zona destaca, na súa maior parte, pola homoxeneidade nos aspectos sociais e culturais referentes á emigración a outros territorios, ademais de ser unha das áreas máis despoboadas e envellecidas do país. O marco sociolingüístico xeral deseñarase a partir dos datos que ofrecen as enquisas sobre coñecemento e uso do galego realizadas polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Outras das máis importantes ferramentas que servirán de base para este estudo serán as informacións recollidas nos traballos da materia de 3º curso de Sociolingüística galega, dende o curso 2004/2005. Nestes traballos figuran distintos perfís sociolingüísticos de diferentes familias que pertencen a esta área ao longo de tres xeracións. As cuestións analizadas teñen que ver cos procesos de mantemento, cambio e evolución da lingua galega, que serán relacionados con variables sociais como o hábitat e o status, así como a súa evolución.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Transmisión lingüística interxeracionalMantementoSubstituciónSociolingüística familiarCambio de lingua570502 Etnolingüística570510 SociolingüísticaMantemento e transmisión da lingua galega: unha achega ás familias das comarcas interiores da provincia de OurenseMantenimiento y transmisión de la lengua gallega: una aproximación a las familias de las comarcas interiores de la provincia de OurenseMaintenance and transmission of the Galician language: an approach to the families of the inland regions of the province of Ourensebachelor thesisopen access