Cabana Iglesia, Ana2015-10-262015-10-262008CABANA IGLESIA, Ana: « «Escravo das miñas confidencias e apoio nas miñas necesidades...» Contribución ao estudo da «guerrilla do chao» no rural galego: a rede de enlaces do guerrilleiro Manuel Castro Tellado». A patria enteira.Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Edición a cargo de X.L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2008. ISBN 978-84-9887-000-8. DL C 1089-2008. Páxs. 65-82.978-84-9887-000-8http://hdl.handle.net/10347/13651Un veciño de Palas de Rei recorda no seu testemuño oral o medo que na súa aldea pasaron cando viron como un garda civil traía un guerrilleiro morto. O pavor non o provocaba a macabra visión en si, a dun cadáver pendurado dunha montura, senón a intranquilidade de que o cabo que traía o “botín” do monte reparara en que o calzado do abatido estaba pulcro e lustroso. Na vila sabían que o guerrilleiro en cuestión morrera uns días antes por causas naturais mentres durmía na casa dun dos seus enlaces. Este optara por deixar o corpo morto no monte para evitar a súa segura condena por prestarlle axuda dándolle pousada1. Os veciños eran sabedores de que se o garda civil se decataba do coidado aspecto dos zapatos do guerrilleiro a maquinaria represiva do franquismo se poría en marcha. Era a incuestionable e evidente proba da cotiá axuda que a guerrilla antifranquista recibía nos núcleos rurais.glgGuerrilleiros galegos antifranquistasManuel Castro TelladoRural galegoGarda CivilMaterias::Investigación::55 Historia::5504 Historia por épocas::550402 Historia contemporánea«Escravo das miñas confidencias e apoio nas miñas necesidades...» Contribución ao estudo da «guerrilla do chao» no rural galego: a rede de enlaces do guerrilleiro Manuel Castro Telladojournal articleopen access