Pena Presas, Montserrat2013-03-152013-03-152011PENA PRESAS, Montserrat: «Os grupos poéticos galegos tras Letras de Cal: entre a resistencia e a anovación», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 45, (1º Semestre 2011), pp. 65-770214-9117http://hdl.handle.net/10347/7609Tras o fenómeno Letras de Cal, de importantes repercusións simbólicas, no sistema literario galego parece existir unha tendencia a invisibilizar e a cinguir baixo idénticas etiquetas os grupos poéticos posteriores. Mais esta aparente homoxeneidade, xurdida como consecuencia do relevo que algún destes colectivos acadou en movementos políticos e sociais –é este o caso das Redes Escarlata–, funciona unicamente na tona da dinámica literaria. Por unha banda, porque se detecta a existencia de dous tipos de grupos poéticos, os que se chamarán “grupos formalmente constituídos” e os que se denominarán “redes de afinidade entre creadores”. Por outra, porque ao analizar a incidencia no campo dos primeiros (nos que se centrará o estudo), comprobarase como, abalando entre as arestas da resistencia e a anovación, cadaquén procura unha intervención de seu no sistema. Non obstante, a hetereoxeneidade na conformación dos diferentes colectivos, as diferentes poéticas dos seus membros e a súa acción no ámbito local-comarcal semellan ser os trazos compartidos dun subcampo que, á vez que se mantén nun segundo plano, se atopa en constante transformación.glggrupos poéticoshetereoxeneidadeintervención socialOs grupos poéticos galegos tras Letras de Cal: entre a resistencia e a anovaciónjournal articleopen access