Carballa Arcos, Marta2024-05-302024-05-302012978-84-9887-900-1http://hdl.handle.net/10347/34005Esta Unidade Didáctica (en diante UD) pertence ó bloque I da materia troncal “Simulación e Optimización de Procesos Químicos” de 5º de Enxeñaría Química. No bloque I abórdase a optimización de procesos químicos e nesta UD tratarase a optimización de procesos químicos de dúas ou máis variables (optimización multivariable) nos que non existan restricións. Aínda que na realidade a maioría dos procesos industriais están sometidos a certas restricións (de recursos limitados, de produtividade mínima, etc.), unha simplificación inicial para abordar a optimización destes procesos é eliminar estas restricións. Por outra banda, hai moi poucos procesos que estean controlados por unha única variable (presión, temperatura, caudal, etc.), e polo tanto, a optimización multivariable é o caso máis común. Nesta UD preséntanse os algoritmos matemáticos máis importantes para a optimización dunha función multivariable (función obxectivo, F.O.), incluíndo tanto aqueles métodos baseados en valores da propia F.O. (métodos directos) como os métodos que utilizan a primeira e/ou segunda derivada da F.O. ou matrices inversas (métodos indirectos). A UD está enfocada ó emprego práctico dos conceptos e métodos que servirán non só para esta materia senón tamén para a súa aplicación noutras disciplinas da titulación, e no desenvolvemento profesional do alumno como enxeñeiro químico. A duración estimada é de 7 horas (7 sesións de 1 hora), 5 horas de teoría e 2 horas de seminario.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Optimización multivariable sen restriciónsbookopen access