Xove Ferreiro, Xosé2012-05-072012-05-072009Xove Ferreiro, Xosé (2009): “Sobre o uso de cara a / cara na norma galega”. Estudos de Lingüística Galega 1, 247-254.1989-578Xhttp://hdl.handle.net/10347/4695A partir da inclusión da locución prepositiva cara a nas Normas de 1982 houbo certa tendencia a mantela sempre, mesmo cando precedía adverbios de lugar. Con base no uso escrito e oral manifestado nos textos galegos incluídos no TILG examinamos o uso de cara a / cara no contexto mencionado. Os resultados, tanto da lingua escrita coma dos cancioneiros e transcricións da fala, indican con rotundidade que no período 1612- 1984 a forma xeral é cara + adverbio de lugar e que, se a partir de 1985 comezan a observarse na escrita exemplos de cara a + adverbio de lugar (minoritarios en relación a cara), isto só pode deberse a unha aplicación ultracorrecta da forma recollida nas Normas de 1982. A regra de uso de cara en lugar de cara a coincide en todo coa regra de ausencia de a no mesmo contexto sintáctico. Por outro lado, cara a convive con outras posibilidades de uso máis limitado, como de cara a e (de)cara para.glgMorfoloxíaSintaxeLocución prepositivaPreposiciónAdverbios de lugarMorphologySyntaxPrepositional expressionPrepositionPlace adverbsGalego (Lingua)Galician languageSobre o uso de "cara a" / "cara" na norma galegaOn the use of "cara a" / "cara" in standard Galicianjournal articleopen access