Vence Deza, XavierPereira Sánchez, María Ángeles2016-10-192016-10-192016http://hdl.handle.net/10347/14930A demanda de servizos no sector agrario representa unha estratexia adaptativa das explotacións aos cambios institucionais e de mercado. A co-evolución das dinámicas do sector agroalimentario, os patróns sectoriais de innovación, os cambios na política pública e nas convencións alimentarias, así coma os cambios en organización, xunto coas mudanzas nas estruturas agrarias, impulsan unha crecente complexidade e especialización nos procesos produtivos das explotacións, que requiren do apoio de servizos diversos. As pautas de terciarización do sector agrario están en liña co réxime tecno-económico dominante, e difiren segundo a orientación e o sistema produtivo das explotacións. Os servizos tamén poden contribuír á mellora da sustentabilidade do sector agrario. A través da servizalización, as cooperativas agrarias contribúen á eco-eficiencia das explotacións. O uso compartido de recursos, o acceso a novas tecnoloxías e a coñecemento especializado son clave para a consecución de ganancias medioambientais, e van parellas á obtención de vantaxes económicas.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glTerciarizaciónServizalizaciónSustentabilidadeSector agrario531201Terciarización e servizalización na innovación do sector agrario. Factores impulsores e efectos na sustentabilidade da gandería e da viticultura en Galiciadoctoral thesisopen access