Tuñas Caamaño, Fátima2019-07-052019-07-052018http://hdl.handle.net/10347/19032Traballo Fin de Grao en EconomíaCoa firma do Tratado da Unión Europea en 1992 iniciouse o camiño cara a constitución da Unión Económica e Monetaria (UEM), o que acabou implicando a perda da soberanía monetaria dos países, tendo case como único instrumento de axuste a política fiscal. A teoría das Áreas Monetarias Óptimas (AMO) foi ignorada polas autoridades á hora de deseñar o proxecto, o que derivou nunha ausencia de diversos mecanismos para afrontar shocks asimétricos. Isto, xunto cun marco de gobernanza débil con mecanismos de supervisión deficientes e incapaces de xestionar a crise, abriu o debate entorno a viabilidade da UEM. Por tanto, este Traballo de Fin de Grao presenta o proceso de construción da UEM, facendo fincapé na estrutura sobre a que esta se asenta, analizando os erros que se cometeron dende a perspectiva fiscal ó mesmo tempo que se recollen as medidas adoptadas e que se barallan adoptar para corrixir a falta de integración nese puntoglgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Unión EuropeaUnión Económica e MonetariaEconomía monetariaIntegración económicaPolítica fiscalEuroConstrución da Unión Económica e Monetaria: erros dende a perspectiva fiscalbachelor thesisopen access