Vázquez-Rodríguez, AnaSotelino-Losada, AlexandreMella-Núñez, ÍgorAvendaño-Carballo, Nicolás2024-04-102024-04-102024-03http://hdl.handle.net/10347/33481No presente informe, o que nos move é afondar nas esixencias sociais de Cabo Verde ás que convén prestar atención na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas, e cunha liña clara de converxencia coas prioridades transversais do V Plan Director de Cooperación Galega (2023-2026) da Xunta de Galicia. É evidente que unha reacción firme diante de necesidades inescusables mediante metodoloxías, estratexias e actuacións impulsadas dende a Academia, suporá o fortalecemento das alianzas entre institucións educativas e a propia sociedade civil, que deben camiñar sempre xuntas, dende sinais de reciprocidade, no logro dunha mellora xenuína das condicións de vida de persoas e comunidades. Non esquezamos o labor imprescindible de responsabilidade social que as universidades deben asumir coa súa contorna. En concreto, este traballo derívase da primeira fase de execución do Proxecto de cooperación galega para o desenvolvemento titulado “COOPAPS. Aprendizaxe-Servizo e Cooperación para o Desenvolvemento. Formando para a Cidadanía Global”, que se desenvolve entre setembro de 2023 e novembro de 2024. O obxectivo xeral desta iniciativa é mellorar o benestar social e a convivencia da comunidade local a través de proxectos educativos que xeren sinerxías entre Universidade e Comunidade a partir da metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS).glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/necesidades sociaisCabo Verdecooperación para o desenvolvementoeducación para o desenvolvementoprofesorado universitarioaprendizaxe-servizo531204 EducaciónInforme de necesidades sociais de Cabo Verde Desafíos no marco da Axenda 2030 e do V Plan Director da Cooperación Galega (2023-2026)reportopen access