Requeixo Cuba, Armando2021-03-122021-03-122019Cuba, A. R. (2019). Primeiro cuarto de século do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Eduga: revista galega do ensino, (77), 35.http://hdl.handle.net/10347/24716O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades alcanzou no 2018 o seu primeiro cuarto de século de vida. Nestes vinte e cinco anos andados de existencia moitas teñen sido as iniciativas e actividades que desde el se promoveron, converténdoo nun centro de referencia na promoción e desenvolvemento dos estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos galegos. Non se entende a escena cultural galega, en xeral, e a filolóxica, en particular, sen o concurso do CRPIH, unha das institucións decisivas na investigación do noso idioma e literatura, que posúe, amais, rango oficial, por canto depende organicamente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o que o converte no centro institucional de referencia para os estudos deste ámbito no eido gobernativo.glg© 2019 Xunta de GaliciaCentro Ramón PiñeiroInvestigaciónHumanidadesEstudos lingüísticosEstudos literariosPrimeiro cuarto de século do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidadesjournal article2171-6595open access