Meira Cartea, PabloBisquert i Pérez, Kylyan Marc2021-09-152021-09-152021http://hdl.handle.net/10347/26926A investigación que aquí se presenta pretende abordar a configuración da dieta e o sistema agroalimentario como elementos de especial relevancia para a Educación Ambiental no actual contexto de crise socioambiental, en tanto que a súa análise e a proposición de alternativas poden constituír ferramentas cunha gran potencialidade na promoción da sustentabilidade. Para tal fin, céntrase o foco de atención nun emerxente movemento social estreitamente vinculado ao campo transdisciplinar da Agroecoloxía: o movemento social agroecolóxico. Preséntase un traballo de investigación que ten o dobre propósito de coñecer a configuración actual deste movemento no territorio galego e de identificar as implicacións socioeducativas que no seo deste podan estar a ter lugar, cunha especial atención ás relativas á Educación Ambiental, campo de referencia para o estudo proposto.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/agroecoloxíamovementos sociaiseducación ambientalMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580104 Teorías educativasMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580107 Métodos pedagógicosA dimensión socioeducativa do movemento agroecolóxico en Galicia: a dieta e o sistema agroalimentario como eixos da sustentabilidadedoctoral thesisopen access