Pereira López, XesúsPazos Otón, MiguelSánchez Vázquez, Núria2017-02-142017-02-142016http://hdl.handle.net/10347/15155Esta investigación ten como obxectivo determinar un modelo de rede das oficinas de turismo a nivel autonómico, que coordine as oficinas pertencentes á Xunta de Galicia, aos concellos e a outras institucións públicas galegas, e que contribúa a mellorar a imaxe no destino Galicia. Co estudo das oficinas de turismo existentes en Galicia (Xunta, provinciais e municipais) detéctanse unha serie de problemas na xestión e na organización, así como un solapamento dos servizos de información turística nas cidades, para os cales se propoñen solucións de cara a poder integrarse nunha futura rede de oficinas de turismo de Galicia. Tamén se analiza profundamente cal sería o modelo de rede de oficinas de turismo axeitado para o destino Galicia. Baseándose no estudo das dez redes de oficinas existentes en España, no que destacan os casos de éxito da rede ITOURBASK (País Vasco) e a TOURIST INFO (Comunidade Valenciana), definimos o modelo de Galicia, a nivel organizativo e normativo, que poida ofrecer un mellor servizo de información e acollida aos turistas e peregrinos que visitan Galicia.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glTurismo GaliciaInformación turísticaOficina de turismoRede oficinas de turismoMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5312 Economía sectorial::531290 Economía sectorial: turismoO papel das oficinas de turismo na xestión do destino: Rede de Oficinas de Turismo de Galiciadoctoral thesisopen access