Villarmea Álvarez, IvánLedo Andión, Margarita2026-02-242026-02-242019Villarmea Álvarez, I. 2019. Fóra de campo. Traumas históricos e persoais no cinema galego. En Ledo Andión, M. (coord.), Para unha historia do cinema en lingua galega. A foresta e as árbores (pp. 223 - 245). Editorial Galaxia.9788491513353https://hdl.handle.net/10347/46061Este capítulo, derivado do proxecto de investigación posdoutoral 'As Paisaxes da Crise. Representacións da Gran Recesión no Cinema Español e Portugués (2008-2018)' financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, está incluído no segundo volume da triloxía 'Para unha historia do cinema en lingua galega', publicado pola Editorial Galaxia, que ocupaba en 2018 a posición 97 do ranking xeral de editoriais españolas do SPI cunha valoración ICEE de 9 puntos. O volume, ademais, tivo unha reseña na publicación científica 'Eu-topías: revista de interculturalidad, comunicación y estudios europeos' (nº 17, 2019, pp. 151-153), asinada por Héctor Paz Otero, e outra reseña en 'Secuencias. Revista de historia del cine' (Nº 51, 2020, pp. 172-174), asinada por Isabel Sempere.Os cinemas pequenos teñen tendencia a reducir a escala dos seus relatos: antepõem o cotián ao extraordinario, a anécdota á épica e o enxeño aos valores de produción. Por este motivo, moitos filmes galegos dos últimos anos utilizan o espazo que fica no fóra de campo para construír o seu discurso: pode ser un fóra de campo espacial, contiguo e momentáneo, que chame a atención do público nunha determinada dirección; ou un fóra de campo temporal, indeterminado e definitivo, que permita facer referencia a acontecementos e emocións do pasado que xa non se poden representar, sexa pola falta de rexistros ou polo seu carácter abstracto e traumático. A importancia deste espazo reflicte as limitacións materiais coas que aínda se traballa no cinema galego, mais tamén expresa o desexo de ampliar o campo do visíbel en todas as direccións, para abranguer todos aqueles espazos e tempos que, polas súas características, non caben dentro do cadro.glgEstudos FílmicosHistoria do CinemaCinema GalegoFóra de Campo620301 Cinematografía550602 Historia del arteFóra de campo. Traumas históricos e persoais no cinema galegobook partopen access