Ginzo Villamayor, María José2024-02-092024-02-0920209788409242733http://hdl.handle.net/10347/32698A Oficina de Software Libre (OSL) do CIXUG comprácese en presentar a VII Xornada de Usuarios de R en Galicia. Pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade, ademais trátase de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións. O programa contempla dezaoito relatorios ao longo de todo o día. Dos cales catro son convidados e ás outras catorce atenderon á chamada de recepción de propostas. Durante a xornada teremos un espazo adicado a traballos relacionados co COVID-19, tan protagonista neste 2020, que aínda así, grazas ás novas tecnoloxías nos permite levar a cabo esta xornada. Entre as persoas participantes figuran especialistas do Instituto Español de Oceanografía (IEO), da Consellaría de Sanidade, das tres universidades galegas, así como doutras nacionais como son á Universidad de Castilla-La Mancha (UCLM), Universidad Miguel Hernández (UMH), ou internacionais como Universidad Cooperativa de Colombia, Universidad Santo Tomás, Universidad de Los Llanos, e dos seguintes centros de investigación: Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC), Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), Centro Tecnolóxico de Telecomunicaciones de Galicia (Gradiant) e o Centro de Investigación Forestal (CIFOR) do INIA, o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e de empresas como TasteLab & SENSESBIT e alumnos do programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa e do Máster en Técnicas Estatísticas. Todo isto non sería posible sen o patrocinio da AMTEGA e a colaboración da Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), ás que agradecemos a súa contribución.glgObra baixo licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional1209 EstadísticaVII Xornada de usuarios R en Galicia: programa e resumosbookopen access