Nieves Barreiro, Elisa2025-05-092025-05-092024-05-06https://hdl.handle.net/10347/41318A memoria non é fiable pero constitúenos. O seu recordo non é idéntico de cada vez que a lembramos e a súa transmisión nunca é homoxénea pero nela reside o valor da experiencia individual e, como membros dunha sociedade que somos, por extensión, tamén da colectiva. Conscientes do inestable desta facultade -quizais deturpada, perdida ou subxectiva en exceso-, quérese nestas páxinas ir máis aló: crendo na súa capacidade para mostrar a relación causa-efecto entre os tempos pasados e os actuais, o presente traballo pretende dilucidar a maneira na que a memoria, en forma de literatura, pode devir no instrumento co que superar o trauma xerado pola Guerra Civil Española mais a ditadura franquista. Explorando a(s) forma(s) nas que se recupera a memoria do 36, captando os seus efectos e observando a renovación do tema nos dous casos prácticos propostos -as lecturas do Seique de Susana Sanches Arins (Através, 2019) e do Quen escribirá a miña historia? de lria Morgade Valcárcel (Galaxia, 2023)- , ilustrarase a troca do discurso social difundido ata os nosos días por un novo máis acaído que se erixe fundamentalmente sobre a perspectiva de xénero. Suxeitas as obras a este fin de reelaboración e de produción contrahexemónica, incidirase na función social da novela así como na súa idoneidade para evidenciar unha serie de tensións mantidas entre a oficialidade e a non-oficialidade da Historia no Estado español.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ContrahexemoníaMemoriaNovelaXénero6202 Teoría, análisis y crítica literariasSingularidades da autoría feminina galega na abordaxe da memoria do 36. Susana Sanches Arins e Iria Morgade Valcárcel, dous estudos de casoSingularidades de la autoría femenina gallega en el abordaje de la memoria del 36. Susana Sanches Arins e Iria Morgade Valcárcel, dos estudios de casoSingularities of the Galician female authorship in the approach of the memory of 36. Susana Sanches Arins and Iria Morgade Valcárcel, two case studiesbachelor thesisopen access