Penelas Devesa, María Alicia2023-04-052023-04-052022http://hdl.handle.net/10347/30424Traballo Fin de Grao en Veterinaria. Curso 2021-2022As gandeirías de vacún de leite tradicionalmente realizan a recría nas propias instalacións. Isto xera numerosas desvantaxes, principalmente adicar unha parte da man de obra a un lote que non se encontra producindo beneficios. Ademais, o manexo soe presentarse mellorable, habitualmente con lotes heteroxéneos en idade e polo tanto, non adaptados ás propias necesidades de cada xata. Esta realidade pode optimizarse derivando as xatiñas a un Centro de Recría como Recría Castro SL (Castro de Rei, Lugo), sendo incorporadas arredor duns 20 días de vida e retornadas ás súas explotacións de orixe, próximas ao parto, antes dos 24 meses de idade. A contratación deste servizo asegura unhas idades ao primeiro parto óptimas e de forma destacable, permite ás explotacións gandeiras adicar toda a man de obra aos animais en produción, maximizando a rendibilidade da granxa. De forma específica, convén destacar a especialización coa que conta este tipo de Centros. Cada lote presenta unha serie de características e actividades definitorias segundo a etapa produtiva na que se atopa cada xata, ademais dos obxectivos a acadar en cada un dos mesmos. Non obstante, ao longo de todo o proceso mantense a importancia do mantemento da bioseguridade e a prevención de enfermidades, pois aínda que a admisión é exclusiva a explotacións con estritos criterios sanitarios, este tipo de Centros supoñen un núcleo de converxencia de animais de distinta procedencia. A formación de lotes homoxéneos en idade e peso corporal é principal no manexo das xatas. Por iso, a implementación da avaliación do peso corporal e a medición da alzada, son ferramentas que permiten cuantificar o desenvolvemento das xatas de forma individual ao longo de todo o proceso produtivo. Isto permite calcular a ganancia media diaria, variable que monitorea o crecemento da xata en cada unha das fases e etapas produtivas, a cal presta apoio para detectar alteracións no manexo e implementar melloras. Esta encóntrase influenciada por numerosos factores tanto propios como externos á xata, tales como aqueles sensibles ao manexo e ás estratexias e sistemas de desteta. Con todo isto, o obxectivo é maximizar o crecemento das xatas dunha forma eficiente en termos económicos e produtivos para acadar un parto ao arredor dos 24 meses de idade.glgAtribución 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by/4.0/Vacún de leiteRecríaXatasProceso produtivoCentro de RecríaMaterias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3109 Ciencias veterinariasA externalización da recría en vacún de leitebachelor thesisopen access