Gutiérrez Díaz, ElenaCalvo Rivera, Érika2024-11-252024-11-252024-10-30https://hdl.handle.net/10347/37804A xornada estructurouse en torno a dúas mesas redondas. A primeira delas, moderada por Jesús Núñez Villaverde, co-director do IECAH (Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria), aproximouse ao conflito dende os debates teóricos que poden sosterse nos campos da filosofía, a historia ou a política. Para isto contouse coa participación de Antonio Míguez Macho, Antón Losada e Luis García Soto, profesores de historia contemporánea, ciencia política e filosofía moral e política, respectivamente. A segunda mesa estivo moderada pola profesora en Antropoloxía Social, Guadalupe Jiménez Esquinas. A escritora e activista hispano-siria Leila Nachawati Rego, o médico e empresario palestino Ghaleb Jaber Ibrahim e, por último, a portavoz da Asociación Galaica Árabe Jenin, Sara Ashour Alyazji, contribuíron aquí á comprensión do conflito dende unha visión máis próxima ao activismo e aos movementos sociais.O día 30 de outubro a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acolleu, en colaboración coa Fundación Araguaney, dúas mesas redondas que tiveron como propósito profundar, dende unha mirada interdisciplinar, no conflito palestino-israelí en Oriente Próximo. Trátase dunha iniciativa que se integra, xunto con outras, no plan institucional adoptado pola "Comisión para o desenvolvemento de accións a prol da comunidade universitaria de Palestina" así como na colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela coa Fundación Araguaney, a cal se espera que se materialice na creación dunha Cátedra sobre estudos interculturais e análise de conflitos internacionais.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/RelatoríaConflitoPalestinaIsraelOriente Próximo590606 Conflictos sociales6304 Problemas internacionales510305 GuerraRelatoría da xornada "Miradas Complementarias: Unha análise multidisciplinar do conflito palestino-israelí en Oriente Próximo"conference outputopen access