Iglesias Díaz, María Isabel2024-05-292024-05-292010978-84-9887-301-6http://hdl.handle.net/10347/33956A importancia da unidade na materia de Tecnoloxía da Xardinaría e o Paisaxismo radica en que introduce e senta as bases para o desenvolvemento doutras unidades posteriores. A unidade axuda a entender os conceptos de xardín e paisaxe, implícitos na materia, e a comprender as bases que guiaron o deseño de xardíns ao longo da historia. Cando remate a unidade o alumno terá un coñecemento do vocabulario dispoñible para o deseño, co que se crearon no pasado e se están creando no presente os xardíns e os espazos verdes. A duración total estímase en 9 horas, dedícaselle 1 hora á introdución de conceptos e importancia profesional do sector. O segundo bloque é onde se explica o vocabulario de elementos do deseño utilizados na creación de xardíns ao longo da historia e que continúan utilizándose na actualidade, así como as tipoloxías de xardíns que podemos atopar na actualidade, dedicándolle unhas 7 horas presenciais. Na última hora analizamos a paisaxe e a súa evolución histórica, considerando o seu valor ecolóxico, paisaxístico e como recurso que debemos potenciar e conservar. Dedícaselle un día enteiro a prácticas de campo para a visita in situ de xardíns históricos e actuais. Esta unidade senta as bases da seguinte unidade didáctica de Deseño de espazos verdes.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Historia da xardinaría e o paisaxismobookopen access