Goyanes Martínez, Manuel2013-05-132013-05-132013-05-13http://hdl.handle.net/10347/8158A presente tese de doutoramento analiza as estratexias de pago por contidos e os modelos de negocio da prensa dixital. Concretamente céntrase en tres casos particulares: no Financial Times, The Times e El Mundo en Orbyt. A hipótese da que nace a investigación parte de que os medios analizados executan unha estratexia de orientación ó mercado. A través de tres construtos (orientación ó consumidor, orientación á competencia e captura de valor do xornalista) sobre os que a literatura previamente teorizou, demostramos empiricamente como nos tres casos a hipótese é positiva. Por outra banda, esta investigación nace co obxectivo fundamental de coñecer as dinámicas de xestión dos medios estudados así como de determinar os principais condutores de valor dos modelos de negocio da prensa dixital con estratexias de pago por contidos.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glPrensa dixitalOrbytEstratexias de pago por contidos e modelos de negocio da prensa dixital. Análise de caso do Financial Times, The Times e El Mundo en Orbytdoctoral thesisopen access