Parcero Oubiña, ÓscarSantiago Dacosta, Alipio2023-04-272023-04-272023http://hdl.handle.net/10347/30488Neste traballo intentaremos xustificar a posibilidade dunha interpretación relixiosa da produción kierkegaardiana, que sexa á vez compatible co dominio da ironía sobre a produción. Para isto será necesario mostrar que a ironía e a comunicación indirecta poderían funcionar precisamente como medios para a edificación relixiosa, especificando unha comprensión acerca do significado da negatividade infinita da ironía. Un estudo das críticas de Kierkegaard ó misticismo, ou máis particularmente, á idea de que sería posible unha relación inmediata entre o individuo e Deus, servirá para aclarar, mediante o contraste, a especificidade da propia concepción kierkegaardiana acerca da relación entre o individuo, Deus e o próximo, tamén co propósito de considerar ata que punto resultaría posible falar dunha mística especificamente kierkegaardiana. Mostraremos como o pensamento de Kierkegaard se configurou, en parte, non só por contraposición ó misticismo, senón tamén a partir da apropiación dalgunhas expresións tomadas da literatura mística. Por último intentaremos concretar como podería levarse a cabo o que nós denominaremos como unha mística kierkegaardiana, a partir de varios exemplos tomados dos propios textos de Kierkegaard.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/KierkegaardmisticismoironíahumorcristianismoMaterias::Investigación::72 Filosofía::7204 Sistemas filosóficos::720403 Filosofía actualMisticismo, ironía e humor na obra de Søren Kierkegaarddoctoral thesisopen access