Al-Soufi, WajihNovo, Mercedes2014-03-052014-03-052013978-84-9887-985-8D.L.: C. 277-2013http://hdl.handle.net/10347/9968Titulación: Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais -- Materia: Cinética QuímicaA materia Cinética Química do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso da titulación, polo que os alumnos xa dispón de coñecementos básicos de Química, Física e Matemáticas que son de gran utilidade para cursar esta materia. Esta materia aborda os sistemas en cambio debido a reaccións químicas, polo que é complementaria da materia Termodinámica Aplicada impartida no primeiro cuadrimestre do mesmo curso, que estuda o comportamento fisicoquímico dos sistemas en equilibrio. A materia encádrase no módulo 4 do plan de estudos da titulación, denominado Materias específicas de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, e relaciónase con varias materias obrigatorias do módulo 3 (Tecnoloxía específica - Química Industrial) e en especial con Enxeñaría da Reacción Química, na que se aplican os conceptos de Cinética Química ás reaccións a nivel industrial. Esta unidade didáctica é de gran importancia na materia xa que nela sentan as bases da Cinética Química. Nesta unidade estúdanse os conceptos básicos relacionados coa velocidade das reaccións químicas, analízanse as reaccións máis sinxelas e revísanse os diferentes métodos experimentais utilizados no estudo cinético dunha reacción química. Esta unidade didáctica desenvolverase en 8 sesións presenciais de 50 minutos cada unha. Delas, 6 sesións dedicaranse a clases teóricoprácticas nas que se discuten os contidos e resólvense exercicios e problemas relacionados, e as 2 sesións restantes utilizaranse para a realización da actividade complementaria proposta. O alumno deberá dedicar unhas 18 horas adicionais de traballo persoal, fundamentalmente para a realización de exercicios e problemas e a aplicación nalgúns deles dos métodos de análise dados na actividade complementaria.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Velocidade de reacciónVelocidad de reacciónEcuación de velocidadeEcuación de velocidadConstante de velocidadeConstante de velocidadOrde de reacciónOrden de reacciónConversión extensiva e fraccionalConversión extensiva y fraccionalEcuación de ArrheniusCinética QuímicaLeis de velocidade integradasLeyes de velocidad integradasEnerxía de activaciónEnergía de activaciónCinética QuímicaGrao en Enxeñaría de Procesos Químicos IndustriaisMaterias::Investigación::22 Física::2210 Química física::221003 Cinética químicaCinética formalbookopen access