Cota Mascuñana, DavidCastro Ponte, Alberte2014-07-232014-07-232013978-84-9887-513-3http://hdl.handle.net/10347/11007Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Explotación de PortosEsta unidade didáctica forma parte da programación da materia optativa “Explotación de Portos”, do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Civil. A programación docente da materia divídese en dous grandes módulos. O primeiro módulo, Explotación de Portos (6 unidades didácticas) dedícase a presentar os aspectos fundamentais relacionados coa xestión e explotación dos portos. Na primeira unidade do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos relacionados cos portos: funcións, zonas de influencia, clasificación, sistema portuario español, etc. A continuación, na segunda unidade (UD2), repásanse e amplíanse conceptos relacionados co transporte marítimo vistos en materias anteriores, dedicándolle especial atención á análise da situación actual e as previsións de futuro do comercio e o tráfico marítimo mundial. Na terceira unidade (UD3) preséntanse brevemente os diferentes tipos de contratos de transporte marítimo e os diferentes axentes implicados no proceso. Na cuarta unidade didáctica (UD4) defínese o dominio público portuario estatal e preséntase o modelo de xestión do mesmo contemplado na lexislación vixente. A quinta unidade didáctica (UD5) dedícase aos servizos portuarios. Explícase o concepto de servizo portuario e as diferentes clases de servizos existentes. O módulo péchase cunha unidade (UD6) onde se presentan os conceptos básicos relacionados coa planificación dos portos e se analizan as diferentes ferramentas de planificación que se empregan na actualidade. No segundo módulo da materia estúdanse de xeito individual as diferentes tipoloxías de terminal portuaria que poden operar nun porto comercial. En concreto, nesta unidade (UD8) se estudan as terminais de mercadoría xeral unificada, isto é, as terminais de contedores. Esta unidade didáctica impártese en 2 h de clase expositiva. Ademais de aos alumnos de 4º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación destas tipoloxías de infraestrutura do transporte.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ContedorContenedorTwistlocksBuque tipo “Liner”Buque tipo “Feeder”Buque portacontedoresBuque portacontenedoresSpreaderTwist-lockCarretilla elevadora (Fork Lift)Carretilla de toma lateralcarretilla con carga lateralSide LoaderGuindastreGrúaCarretilla pórticoMontacargas plataforma elevadoraStraddle CarrierCarreta empiladora de taboleiro portaforquita retráctil de dobre profundidadeCarretilla apiladora de gran alcanceReach-StackerRutas “Round-The-World”Explotación de PortosGrao en Enxeñaría CivilMaterias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3327 Tecnología de los sistemas de transporte::332799 Otras (especificar)Materias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3313 Tecnología e ingeniería mecánicas::331327 Maquinaria industrial especializadaTerminais de contedoresbookopen access