Teijo Lastra, Jessica2024-12-032024-12-032020-06https://hdl.handle.net/10347/37978Traballo de Fin de Grao de Dobre Grao en Mestra de Educación Infantil e Primaria.Este traballo pretende facer unha análise sobre unha das alternativas ao sistema de ensinanza tradicional da escola, a aprendizaxe cooperativa. Estúdase, en primeiro lugar, as súas características, a súa orixe e as súas principais técnicas pero, fundamentalmente, faise fincapé no seu desenvolvemento práctico. A partir de aquí, preséntase unha proposta didáctica deseñada para o primeiro curso de Educación Primaria na materia de Lingua estranxeira: Inglés, adaptándoa ás características dunha aula deste nivel do CEIP Luis Pimentel de Lugo, onde realicei a miña estadía de Prácticum. Pese á idea inicial de desenvolver a proposta de forma presencial na aula, podendo observar a súa eficacia, vantaxes e inconvenientes, finalmente, a proposta non puido desenvolverse pola situación de corentena imposta pola pandemia do virus COVID-19. É por isto polo que no traballo se recolle, ante a ausencia de datos empíricos concretos, unha revisión bibliográfica sobre as vantaxes e dificultades que este método de traballo cooperativo representa nas aulas, á par que unha reflexión sobre o esperado no seu desenvolvemento na aula.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Aprendizaxe cooperativa, Inglés, Innovación educativa, Proposta de intervención, Educación Primaria.580107 Métodos pedagógicosA aprendizaxe cooperativa: proposta educativa nunha aula de inglésEl aprendizaje cooperativo: propuesta educativa en un aula de inglésCooperative learning: educational proposal in an English classroombachelor thesisopen access