Mira Pérez, Jorge2019-04-172019-04-172015Mira Pérez, J. (2015). Achega cuantitativa sobre o futuro do galego. En: Mosquera Carregal, X.M. (ed.) Lingua e Universidade, XI Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade da Coruña978-84-9749-622-3D.L. C. 921-2015http://hdl.handle.net/10347/18639A evolución do número de falantes de dúas linguas en uso na mesma zona xeográfi - ca ao longo da historia pode parecer algo difi cilmente predicible. Porén, un sistema de ecuacións que considera as dúas linguas coma entes en competición é capaz de reproduci-la curva de evolución histórica do sistema galego-castelán. O dito modelo matemático baséase en tan só dous parámetros esenciais, como son o prestixio de cada lingua (o percibido polos propios falantes) e unha distancia interlingüística. Contra o obtido por outros modelos matemáticos, que apuntaban a que nun sistema con dúas linguas unha delas acabaría esmorecendo (ou ben que se segregarían comunidades monolingües), existen solucións de coexistencia das dúas, apoiadas na emerxencia de comunidades bilingües. O establecemento do modelo matemático non só permite reproducir situacións pasadas, senón que dá unha ferramenta valiosa para extrapola-lo resultado a tempos futuros e mesmo establece-las condicións necesarias para que o sistema formado por calquera par de linguas poida ter unha coexistencia estable no tempo. No caso do galego, cómpre unha elevación do seu status e, nesa tarefa, a universidade debe xogar un papel preeminenteglgEste traballo está ao teu dispor baixo os termos dunha licenza Creative Commons de recoñecemento-compartir igual. http://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.glhttp://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.glAchega cuantitativa sobre o futuro do galegobook partopen access