Xove Ferreiro, Xosé2012-05-042012-05-042010Xove Ferreiro, Xosé (2010): “A voltas coas contraccións: cun e con un”, Estudos de Lingüística Galega 2, 247-261.1989-578Xhttp://hdl.handle.net/10347/4687A normativa actual prescribe para a secuencia con + un as grafías cun e con un, distribuídas, de acordo coa nosa interpretación, segundo un vaia seguido de substantivo (función de Det: cun) ou non (función de N de FN: con un), con independencia da clase de palabra que sexa un (artigo, numeral, “indefinido”, constituínte doutra unidade). Este ditame, inexistente nas Normas de 1982, foi introducido na revisión de 1995 e mantívose na de 2003. Examinamos a continuación o sentido do termo contracción dentro do noso uso gramatical no marco das relacións entre grafía e pronuncia, por un lado delimitando o que inclúen as contraccións e polo outro destacando que pode haber pronuncia “contracta” mesmo en ausencia de composto gráfico. Nesta liña, aínda que as Normas non informan sobre isto, sinalamos que a grafía con un non impón [koŋũŋ], senón que pode corresponder tamén a [kuŋ]. A consulta das bases TILG e CORGA, e mais dun conxunto importante de textos con transcricións da fala mostra que a prescrición normativa é fundamentada, pois a amálgama fónica falta sobre todo cando un é N. Neste mesmo contexto sintáctico os galegofalantes practican tamén contraccións fónicas, particularmente cando un, como N, vai seguido da prep. de + sintagma; nestas situacións a pronuncia [kuŋ] pode corresponder de maneira natural á grafía normativa <con un>.glgMorfoloxíaContracciónGrafíaEscritaPronunciaSonPreposiciónMorphologyContractionSpellingWritten languagePronunciationSoundPrepositionA voltas coas contraccións : cun e con unConcerning contractions : cun and con unjournal articleopen access