Baña Castro, ManoelFiel Paz, RosaNúñez Pintos, EstherGarcía García, Isabel2026-03-112026-03-112023-07-01Baña, M. (2023). Identificando barreiras para a superación e a inclusión de persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA). En: XVII Congreso internacional gallego-portugués de psicopedagogía, IV Congreso de la ACIP. Universidade da Coruñahttps://hdl.handle.net/10347/46316O informe Warnock (1976) sinalaba a imposibilidade de dúas modalidades separadas de educación e a súa coexistencia nun sistema de educación inclusiva. Existen dúas barreiras estruturais para a realización do dereito á educación de persoas con TEA que inciden negativamente sobre a dispoñibilidade, accesibilidade, aceptabilidade e adaptabilidade da educación para este grupo de persoas. Estas barreiras son a visión estereotipada e a discriminación que se ten cara ás persoas con TEA e a escaseza de recursos destinados á educación inclusiva. O Informe da ONU sobre a situación da educación inclusiva en España de 2017 sinala que as políticas públicas dirixidas á poboación con TEA están baseadas en dúas ideas erróneas: “a primeira, asumir a discapacidade como un fenómeno homoxéneo, descoñecendo o seu número de realizacións que pode alcanzar un ser humano con discapacidade se a administración educativa lle asegura os medios axeitados; a segunda, a idea da discapacidade como sinónimo de incapacidade, motivo polo cal ás persoas con TEA, no mellor dos casos, trátaselles como suxeitos de caridade, suxeitos pasivos que non teñen a mínima posibilidade de incidir no desenvolvemento das súas propias vidas e menos, na construción da sociedade na que habitan. Tamén abundan os estereotipos que asumen ás persoas con TEA como seres perigosos, persoas inertes, afectividade e emocións pertencentes a mundos distantes e completamente diferentes”. Tal como segue o Informe mencionado, “é de especial importancia reenfocar a política de atención á poboación con TEA, partindo por recoñecer que este grupo poboacional non é vulnerable, de maneira fundamental, por atoparse en sí mesmo en situación de discapacidade; a súa vulnerabilidade é produto máis da súa interrelación co medio e a sociedade na que habita e na que aspira a realizarse como ser humano tal e como tamén o defenden as grandes organizacións de especialistas no campo da discapacidade intelectual como a APA, a OMS, a AAIDD...glg©2023, Os autores e as autorashttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Trastorno do Espectro do Autismobarreiras para a inclusióncalidade de vida e atención educativa61 PsicologíaIdentificando barreiras para a superación e a inclusión de persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA)book part10.17979/spudc.000026open access