Lorenzo Gradín, PilarSantiago Gómez, Carmen de2022-04-252023-04-022022http://hdl.handle.net/10347/28321A tese de doutoramento que aquí se presenta ten como obxectivo principal a edición crítica da produción lírica de Johan Soares Somesso (ca. 1223-1250), conforme aos principios que sustentan a crítica textual neolachmaniana. O testemuños manuscritos, neste caso o Cancioneiro da Ajuda e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, transmiten vinte e catro cantigas de amor e unha cantiga de escarnio atribuídas a este autor. O estudo do citado corpus ofrece relevancia en dúas frontes: por unha banda, Somesso é un dos primeiros representantes do movemento trobadoresco galego-portugués e, pola outra, a súa poesía, que ofrece importantes trazos innovadores, non mereceu aínda un estudo exhaustivo. A edición do corpus textual do autor acompáñase da análisis das características poéticas e formais que perfilan a súa produción. Así mesmo, o estudo examina en detalle a documentación histórica que permite a identificación e a ancoraxe do período de actividade literaria do trobador, así como o exame da transmisión manuscrita do seu "cancioneiro". Como material complementario, a Tese contén a transcrición paleográfica e as imaxes dos códices que transmiten os textos do autor, ademais dun rimario e dun glosario dos poemas.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Lírica galego-portuguesacrítica textualJohan Soarez SomessotrobadorMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620203 Estilo y estética literariosMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620201 Crítica de textosMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620202 Análisis literarioO cancioneiro do trobador Johan Soarez Somesso. Edición crítica e estudodoctoral thesisopen access