2020-10-262020-10-262020http://hdl.handle.net/10347/23427A revista Evohé, dirixida polo estudante Mario Sanfiz e publicada no Campus Universitario de Lugo, dedica o seu número 31 ao tema monográfico “Mitos e lendas (e a súa pervivencia na cultura)”, a través de tres seccións. A primeira, sobre mitoloxía grega na poesía galega, contén traballos de Manuel Fernández Rodríguez sobre a deusa Gaia en Carmen Blanco, de Marcela Bao sobre Circe en Adina Vladu, de Iago González sobre Calipso en Olga Novo e de Vanessa Eimil sobre a Penélope de Díaz Castro e o Ulises de Rodríguez Fer. A segunda, sobre mitoloxía grecolatina na poesía en castelán, presenta comentarios dos estudantes Nerea Fernández sobre a “Canción de Nerea” de Gaspar Gil Polo, de Laura García e Laura Pallín sobre Dánae en Luz Pozo Garza, de Mariana Vergara sobre Ícaro en Valente e de Luis Rivelo sobre o Fénix de Saturnino Valladares. A terceira, sobre mitos bíblicos, eslavos, célticos e xermánicos, reúne comentarios dos tamén estudantes Bárbara Mosquera sobre Adán y Lilith en Carballo Calero, Noemí Ares sobre Noé e Pandora en Miguel-Anxo Murado, Aarón Rodríguez sobre o vampiro” en Valente, de Patricia Fernández sobre as fadas en Borges e de José Aldariz sobre os gnomos no mesmo autor arxentino. Conclúe o monográfico cun artigo de Lucía Parrilla del Río sobre Apolo e Dafne. Existe tamén unha sección varia que conta con poemas de Tamila Alén e de Xoán Xosé Fernández Abella, así como con prosas de Catalina Herrera e Karen Rodríguez. O número remata cunha recensión de Olga Novo sobre a antoloxía de poesía bretoa traducida ao galego a cargo de María LopoglgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Comentario de textosTextos mitolóxicosMitoloxíaEvohé: Revista Cultural do Campus Terra-Lugo, número 31bookopen access