Pillado Rico, Pablo2023-01-182023-01-182022-06http://hdl.handle.net/10347/29940Traballo Fin de Grao en EconomíaA composición da propiedade privada en diferentes rexións do planeta ofrécenos información sobre como as políticas levadas a cabo polo Estado e os sistemas económicos imperantes subordinan as relacións da poboación coa propia propiedade privada. Por esta mesma razón para a análise, que comprende o século XX e primeiros anos do XXI, empregamos, dunha banda, a China e a Rusia, como países ex-comunistas, e doutra banda a España e Francia, como países cunha historia económica similar entre elas, pero oposta aos anteriores. Unha vez analizada a composición da propiedade privada nos catro países de referencia, pasamos a estudar o impacto das herdanzas na acumulación de capital co paso das xeracións dentro dun marco global, e o seu impacto sobre a desigualdade económica. Por último, trataremos a reaparición na última década do capitalismo rentista ou patrimonial imperante no mundo ata principios do século XX.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/As diferentes configuracións da propiedade e a súa relevancia nas sociedades dende unha perspectiva histórica: a importancia das herdanzasbachelor thesisopen access