Rodríguez Calvo, María Sol2014-05-092014-05-092013978-84-15876-45-8http://hdl.handle.net/10347/10376Titulación: Grao en Medicina -- Materia: Medicina LegalEsta unidade didáctica denominada “Violencia contra a muller”, está incluída no bloque de “Clínica forense” da materia “Medicina legal”, que se imparte no segundo semestre do 5º curso do Grao en Medicina. Esta materia é froito da interrelación entre a Medicina e o Dereito nun dobre sentido: o primeiro refírese á aplicación dos coñecementos médicos para resolver cuestións xudiciais (Medicina legal propiamente dita). O segundo ocúpase da regulación xurídica da práctica médica (Dereito médico). Ambos aspectos están incluídos no programa da materia. A Medicina legal pódese considerar integrada polas seguintes especialidades: a Patoloxía e a Clínica forenses, ambas fundamentadas exclusivamente en coñecementos de natureza médica, a Xenética e a Toxicoloxía forenses. Como indicamos máis arriba, esta unidade didáctica está localizada na parte de Clínica forense, que se ocupa da pericia médica sobre a persoa viva, pero cando as vítimas morren, como consecuencia da violencia que sofren, son obxecto de estudo da Patoloxía forense, que se ocupa da pericia sobre o cadáver. Dentro das competencias dos profesionais da Medicina están as de recoñecer, diagnosticar, valorar e orientar o manexo do dano físico e mental, ademais de ser capaz de redactar documentos médico-legais. A isto hai que engadir que, segundo o noso ordenamento xurídico, calquera médico pode ser chamado a actuar como perito nas causas penais. Por conseguinte, é importante que o futuro médico adquira os coñecementos precisos sobre os obxectivos e procedementos da pericia médica sobre a persoa viva, e a súa obriga de comunicar á autoridade xudicial a atención prestada a unha persoa con lesións. Estes coñecementos, referidos as mulleres maltratadas, trátanse nesta unidade didáctica. Con eles, o futuro médico poderá intervir adecuadamente nos casos que se lle poidan presentar na súa práctica profesional.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/VítimasVíctimasAgresoresEpidemioloxíaEpidemiologíaEtiopatoxeniaEtiopatogeniaLesións agudasLesiones agudasEnfermedades crónicasMaltrato á mullerMaltrato a la mujerParte de lesiónsParte de lesionesViolencia estruturalViolencia estructuralViolencia instrumentalMedicina LegalGrao en MedicinaMaterias::Investigación::32 Ciencias médicas::3299 otras especialidades medicas (especificar)Materias::Investigación::56 Ciencias jurídicas y derecho::5699 Otras especialidades jurídicas (Especificar)A violencia contra a mullerbookopen access