Cons Pequeño, Antía2017-10-162017-10-162017http://hdl.handle.net/10347/15849A influencia da música no ser humano é grande e abarca toda unha ampla gama de estudos que o demostran. O feed-back cultural expresado a través da música, é un exemplo desta corrente contínua e multidireccional que existe entre as distintas culturas do mundo. Así a música logra un papel especial á hora de unir e homoxeneizar a percepción de outras culturas por parte do individuo. O K-pop non é únicamente música, senón que é todo un produto cuidadosamente creado, perfeccionado e distribuído. A estética, as actuacións e as coreografías apelan ó público máis novo, e é moi común que os fans se graben practicando bailes para a posterior subida deses vídeos fanmade á web. Por outra banda, o K-pop é un canon a seguir no referente á fusión da música coas novas tecnoloxías. Trátase dunha estratexia de creación e comercialización. Introducir o K-pop nas aulas simultáneamente a “música de masas” e a oriental, permite aprender múltiples posibilidades de composición a través de distintos xéneros, ritmos e instrumentos, ademáis de fomentar a creatividade do alumno e servir como canle de unión entre distintas artes. O emprego da música como ferramenta educativa -xa sexa a través do K-pop ou doutro xénero musical-, reforza no alumnado un coñecemento maior da actualidade e das distintas sociedades que conviven no planetaglgpopeducaciónO K-pop como ferramenta educativa e de difusión culturalbachelor thesisopen access