Pérez Barcala, Alba2023-03-072023-03-072022-06-30http://hdl.handle.net/10347/30270Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2021-2022O presente traballo busca confirmar e exemplificar, a través da análise de tres obras narrativas, a maneira na que as novelas de iniciación sentimental aparecidas na década dos setenta na narrativa galega contemporánea se configuraron ao servizo dunha vocación dialóxica, de maneira que as estruturas enunciativo-discursivas empregadas contribuísen a incluír voces que canalizasen literariamente a desorientación e angustia vital tanto dos seus protagonistas como da sociedade do momento. Preséntase unha introdución na que se recollen os elementos definitorios deste tipo de novelas e se explica o concepto de dialoxismo en clave bakhtiniana, achéganse algunhas nocións xerais a respecto do contexto sociopolítico e cultural da Galicia dos anos setenta e pásase a facer unha análise pormenorizada de cada unha das tres obras seleccionadas: Adiós María (1971) de Xohana Torres, Xoguetes para un tempo prohibido (1975) de Carlos Casares e Dos anxos e dos mortos (1977) de Anxo A. Rei Ballesteros; atenderase particularmente á maneira na que se constrúe a súa enunciación e aos recursos discursivos empregados en cada unha delas para cumprir con este propósito dialóxico. Finalmente, preséntanse unhas breves conclusións que sintetizan as particularidades atopadas en cada unha das obras do corpus de análise.glAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/BildungsromanDialoxismoPolifoníaEnunciaciónNarrativa galega contemporáneaA vocación dialóxica na novela de iniciación sentimental dos anos setentaLa vocación dialógica en la novela de iniciación sentimental de los años setentaThe dialogical vocation in the 70’s Coming-of-Age novelsbachelor thesisopen access