Toja Fernández, Noemí2015-04-172015-04-172015-04-17http://hdl.handle.net/10347/13040Traballo Fin de Grao en Administración e Dirección de Empresas. Curso 2013-2014Ademais das funcións de docencia e investigación a Universidade ten unha terceira misión que é a transferencia de coñecementos a sociedade colaborando así ao desenvolvemento económico e social do seu entorno. Esta transferencia pode ser realizada dun modo directo, a través da creación de empresas ligadas a ela mesma, denominadas spin-off universitarias. O termo spin-off universitaria, tamén coñecido mediante o acrónimo do termino inglés USOs (university spin-offs), expresa a idea da creación de novas iniciativas económicas no seo dunha organización existente, neste caso unha institución universitaria, no que baixo o seu amparo acaban adquirindo, por iniciativa dunha persoa da organización, independencia e viabilidade propia, en termos de estrutura xurídica, técnica e comercial. Nas últimas décadas a transferencia de tecnoloxía converteuse no principal instrumento empregado polas universidades para o establecemento de lazos co seu entorno máis próximo. Ademais a creación deste tipo de empresas tivo nos últimos anos unha tendencia alcista, grazas ao apoio no cambio lexislativo, a creación de programas e estrutura de apoio para dar soporte a iniciativa empresarial universitaria. Este apoio veu motivado pola crenza de que este tipo de empresas son un instrumento clave para a innovación tecnolóxica e o desenvolvemento económico e social dun territorio, de que producen retornos económicos para a universidade e investigadores, que xeran emprego de calidade e introducen no mercado produtos altamente innovadores , entre outras funcións (Rodríguez Julias, 2014).Sen embargo non existe unha evidencia empírica clara que permita afirmar que a creación deste tipo de empresas teñen uns resultados mellores que as empresas non spin-off e recentes estudos indican que esta vía non é a máis apropiada para transferir a tecnoloxía desde a universidade á sociedade debido ó baixo impacto destas empresas na economía (Calan, 2001). Por todo o indicado con anterioridade este traballo centrarase no estudo do crecemento e rendibilidade das empresas con orixe na universidade, comparando os resultados con empresas de características similares non spin-off.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/Spin-off universitariasUSOsUniversidadesEmpresasMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5311 Organización y dirección de empresasAnálise do crecemento e rendibilidade das empresas con orixe na Universidadebachelor thesisopen access