Somoza Fernández, Jesús2018-04-052018-04-052017http://hdl.handle.net/10347/16642Traballo de Fin de Grao en Mestre ou Mestra en Educación Primaria. Curso 2016-2017Este traballo céntrase no despoboamento do rural galego, realidade que constitúe un problema fundamental da actual sociedade. De aí que xurda a necesidade de presentar no ámbito educativo un conflito sobre o cal reflexionar dentro das aulas a través da organización e xestión dun centro educativo. O tratamento do mesmo, será a partires da realización dun proxecto de centro crítico, abrindo o mesmo á realidade e á democracia e sometendo a toda a comunidade educativa ao desenvolvemento dunha conciencia crítica acerca desta problemática. Observadas as opinións de moitas familias e profesorado vinculados ao colexio público do Incio a partires da realización de enquisas, xorde a necesidade de elaborar un proxecto que abrangue un conxunto amplo de actuacións didácticas e reflexivas que pretendan traballar de maneira principal co patrimonio inmaterial, como é o caso do despoboamento do rural. Achéganse múltiples propostas destinadas a todos os cursos existentes na Educación Primaria do CEIP Ricardo Gasset, que teñen como misión a adquisición de competencias sociais e cívicas por parte do alumnado, en primeiro termo, e por toda a restante comunidade. Todas as propostas foron revisadas de maneira teórica por dúas mestras e responsables de centro (en distintas datas) con dilatada experiencia no colexio e que foron reformuladas unha vez debatidas as ideas coas mesmas e de maneira produtiva. O conxunto de propostas fanse de xeito transversal, de maneira que a meirande parte das áreas curriculares teñen a súa importancia no tratamento deste problema didáctico.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/Despoboamento do rural galegoProxectos de centroColexio do IncioEnsinanza críticaEducación PrimariaMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580107 Métodos pedagógicosO despoboamento rural galego como problema didáctico: un proxecto para o colexio público do IncioLa despoblación rural gallega como problema didáctico: un proyecto para el colegio público de O IncioThe depopulation of the Galician rural communities as didactic problem: project for the Incio public schoolbachelor thesisopen access