González Ferreiro, EduardoMiranda Barrós, DavidBuján Seoane, SandraBarreiro Fernández, Laura2024-05-302024-05-302011978-84-9887-745-8http://hdl.handle.net/10347/33988A unidade didáctica titulada Aplicación da tecnoloxía LiDAR na análise do medio físico está encadrada dentro da materia de Xeomática do Máster da Terra e do Territorio (MTT). Os alumnos do MTT proceden de diferentes campos das enxeñerías e das ciencias sociais con disciplinas afíns á temática do máster, tales como: Administración Pública, Antropoloxía, Bioloxía, Ciencias Ambientais, Dereito, Empresariais, Estatística, Economía, Xeografía, Xeoloxía, Xeomática, Humanidades, Informática, Enxeñería Agrónoma, Enxeñería Civil, Enxeñería de Montes, Socioloxía, Topografía, ou Turismo. A materia de Xeomática ten como principal obxectivo capacitar ó alumno para utilizar as tecnoloxías da información xeográfica na creación, manexo, análise e presentación de datos e información territorial. Na unidade didáctica 5 (UD5) que nos ocupa, impártense os coñecementos básicos necesarios para o estudo do medio físico, a través do tratamento dos datos capturados polo sensor activo LiDAR (Light Detection and Ranging) aerotransportado, xa que este sensor permite a captura de datos xeográficos dunha forma áxil e precisa, mentres que o tratamento dos seus datos permite a xeración de modelos que describen o terreo e os obxectos situados enriba del. Así na actualidade, a tecnoloxía LiDAR revelouse como a máis efectiva para a produción de Modelos Xeográficos de alta resolución e calidade.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Aplicación da tecnoloxía LiDAR na análise do medio físicobookopen access