Fiaño, Cristina2024-03-132024-03-132022Fiaño, C. (2022). Borges e Cunqueiro unidos por Claudio Rodríguez Fer. Evohé: revista cultural do Campus de Lugo, 33, 37-392603-865Xhttp://hdl.handle.net/10347/33155Borges e Cunqueiro creadores de labirintos / Borges y Cunqueiro creadores de laberintos, é o quinto volume publicado pola Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, aberta recentemente no Mondoñedo natal do inmenso escritor galego, dentro da colección Selva de Esmelle, dirixida polo crítico literario Armando Requeixo. A autoría corresponde a outro lucense de excepción, Claudio Rodríguez Fer, quen ademais de poeta, narrador e profesor da Facultade de Humanidades de Lugo é un estudoso da obra do mindoniense, á que leva adicado importantes ensaios como “A poesía galega de Álvaro Cunqueiro” e, á súa vez, un bo coñecedor da figura de Borges, tal e como demostrou na súa obra Borges y todo (Escepticismo y otros laberintos), publicada en Madrid por Del Centro Editores, na cal dedicou especial atención á relación do arxentino coa cultura galega e con outro dos seus grandes escritores, o poeta ourensán José Ángel Valente.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Borges e Cunqueiro unidos por Claudio Rodríguez Ferbook partopen access