Santos Rodríguez, YsabelMuñoz Crego, ÁngelesSeoane Prado, Rafael2021-12-092021-12-092011978-84-9887-647-5D. L.: C 452-2011http://hdl.handle.net/10347/27167A materia “Análise biolóxica e diagnóstico de laboratorio II” está vinculada a dúas áreas de coñecemento, Microbioloxía e Parasitoloxía, ten carácter troncal e impártese durante o segundo cuadrimestre no cuarto curso da Licenciatura en Farmacia. Está por tanto dirixida a alumnos que xa teñen coñecementos básicos de Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Anatomía, Citoloxía, Histoloxía, Inmunoloxía e Bioquímica. A presente unidade didáctica é a primeira do programa da materia impartida pola área de Microbioloxía. Nesta unidade didáctica abórdanse temas cuxo coñecemento é básico para o bo funcionamento do laboratorio de microbioloxía e para garantir a protección do seu persoal, da comunidade e do medio. O coñecemento da estrutura xeral dun laboratorio de microbioloxía clínica e a correcta aplicación das normas de calidade e seguridade permitirán que o laboratorio de microbioloxía sexa un lugar seguro, eficiente e cómodoglg© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Análise biolóxicaDiagnose de laboratorioControl de calidade e seguridade en laboratorios de microbioloxíabookopen access